domingo, 1 de julio de 2018

San Martiño de Foz

La imagen puede contener: nubes, cielo y exterior

          As pedras de San Martiño de Foz agochan nos seus recantos a memoria de séculos de fé, risas e prantos, esperanza e desesperanza, sanación e dor... Se te sentas nas escaleiras de acceso e apretas as túas mans na pedra, sentiras nas palmas o latexo unisono das almas que te precederon e das que virán despois de ti neste longo peregrinar.
           Misturada coa fe que levou ós homes a construir a que é a Catedral mais antiga de España latexa a historia do noso pobo. Se ollas con autentico interés a súa cantería, as pinturas, o chan ollado polos pasos de milleiros de personas, ou o sepulcro de San Gonzalo, descubrirás que tamen ti estas presente en cada retrinco da basilica, que formas parte dela, da historia común, da memoria ancestral da humanidade trazada na pedra viva i eterna da Creación.






















Publicado por Farela







No hay comentarios:

Publicar un comentario